Maria-Angeles-Abogada-y-Consultora-Laboral-

Información para detectar e alertar de violencia machista nas comunidades de veciños

O círculo máis próximo dunha muller maltratada é se cadra quen antes a pode axudar, botarlle unha man, se ela non é quen de denunciar.

O que sucede entre as paredes dunha vivenda pertence ao ámbito da privacidade, á intimidade familiar. Pero hai excepcións, e a violencia machista é, desde logo, unha delas. Non pechar os ollos ante un posible caso que se produza na casa do lado é o que busca a campaña que se pon hoxe en marcha.

Por iso, os 30.000 folletos que se van distribuír nas comunidades de veciños informan, primeiro, dos sinais de alarma que se poden recoñecer.

Golpes, insultos, gritos ou lesións visibles, choros reiterados de menores ou ausencia dalgunha veciña sen motivo aparente son algúns dos sinais de alarma que identifica o folleto. A campaña inclúe formación específica para que os administradores das comunidades poidan canalizar as consultas ou sospeitas dos veciños.

Fonte: Radio Televisión de Galicia

Compartir :

Angeles García

María Ángeles Gracía Pérez
Abogada y Auditora Sociolaboral

Artículos recientes

Ir al contenido